Páginas

lunes, 27 de abril de 2020

Mascarilla19 contra a Violencia de xénero

A Xunta colabora coas farmacias galegas coa posta en marcha da campaña Máscara-19 para as vítimas da violencia de xénero, pola cal unha muller pode solicitar axuda cando acuda a unha das 1.345 farmacias que se atopan en Galicia .


O obxectivo é darlle ás posibles vítimas da violencia de xénero unha canle máis de saída a situacións violentas no fogar agravadas pola etapa de peche, na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co seu agresor e non teñen outra forma de pedir axuda. Desta maneira, cando unha muller acode a unha oficina de farmacia unha vez que empregue o código “Máscara-19”, o persoal farmacéutico poñerase de inmediato en contacto coas forzas e corpos de seguridade do Estado.