Páginas

domingo, 26 de marzo de 2017

Llegan 66 refugiados desde Grecia que serán acogidos en siete ciudades españolas

Sesenta y seis refugiados procedentes de Grecia, 65 de nacionalidad siria y uno iraquí, llegaron el mes pasado a España y serán acogidos en Barcelona, Almería, Castellón, Palencia, Palma de Mallorca, Vizcaya y Madrid.
Según explica el Ministerio del Interior, con este grupo, que está formado por 19 hombres, 12 mujeres y 35 menores de edad, ascienden a 1.100 los refugiados llegados a España en cumplimiento de los programas de reubicación y reasentamiento de la Unión Europea (UE).
Estos solicitantes de asilo vivirán en centros y pisos gestionados por el Ministerio de Trabajo y por ONG mientras se tramitan sus peticiones de protección internacional. En concreto, 24 se desplazan a Barcelona, 18 a Almería , 9 a Castellón, 5 a Palencia, otros 5 a Palma de Mallorca, 4 a Vizcaya y uno se queda en Madrid.
España se comprometió con la UE a acoger antes del próximo mes de septiembre a 15.888 solicitantes de asilo que ya están en Europa: 9.323 desde Grecia e Italia y otros 6.565 desde una ubicación sin determinar; además de reasentar a 1.449 refugiados que viven en campamentos de ACNUR en países terceros.
Por el momento, se han realizado 811 reubicaciones de solicitantes de asilo que se encontraban en Italia y Grecia y se han traído a España 289 refugiados que vivían en reasentamientos de Turquía y Líbano, algunos desde hace ya varios años.
Fuente: 20 Minutos

Concierto Solidario por el Conservatorio Profesional de Música de A Coruña a beneficio de “Viaje hacia la Vida”


El próximo 26 de marzo, a las 12:00 horas, tendrá lugar en el Palacio de la Ópera el concierto solidario que el Conservatorio Profesional de Música de A Coruña realizará a beneficio de la Fundación Tierra de hombres en Galicia. El concierto, que será presentado por Chus Castro, contará con la actuación de la cantante Yhadira y con la participación de la Orquesta Infantil, la Orquesta Juvenil y la Orquesta Sinfónica. Todos los allí presentes se unirán con un mismo fin solidario, ayudar a la infancia apoyando el programa “Viaje hacia la Vida”, que permite el traslado de niños y niñas africanos gravemente enfermos a España para recibir tratamiento médico.
Las entradas pueden adquirirse por la web de Ticketea al precio de 5 euros, y en taquilla el mismo día del concierto.
Agradecer a todo el equipo directivo del Conservatorio Profesional de Música de A Coruña por los esfuerzos desplegados para poder llevar a cabo esta iniciativa solidaria, y al Ayuntamiento de A Coruña por la colaboración ofrecida.

domingo, 5 de marzo de 2017

Dignidad y derechos dañados en la hospitalización psiquiátrica en Coruña

O Movemento Galego da Saúde Mental foi coñecedor da denuncia presentada ante a Xustiza pola morte dun paciente psiquiátrico que, cando faleceu, se atopaba en contención mecánica ingresado na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP) do Complexo Hospitalario da Coruña.

Este feito ocorreu no marco dunha Unidade de Hospitalización con importantes carencias, sostidas no tempo, e que conlevan danos importantes para os dereitos asistenciais dos pacientes da Área da Coruña, para os seus dereitos fundamentais e para a calidade asistencial esixible a un servizo sanitario público.

Esta UHP dispón de 32 camas ás que se lle poden sumar dúas máis, e mantén un nivel de ocupación total durante períodos longos.
Son identificables déficits graves de dotación profesional, de infraestructuras residenciais e de funcionamento.

Algunhas das deficiencias que se sinalan máis abaixo mesmo comprometerían a posibilidade de apertura desa Unidade, por incumprir as esixencias mínimas que a propia Consellería de Sanidade dispón para autorizar centros sanitarios, alonxándose tamén gravemente dos estándares básicos de acreditación propostos polo Ministerio de Sanidade.

A saber:

Está ubicada fóra dun hospital xeral situándose no Hospital Marítimo de Oza. 

Carece de suficiente espazo para actividades comúns dos pacientes e para a relación destes coas súas familias cando reciben visita.

A metade das habitacións desta Unidade son de 3 camas e non dispoñen de baño na habitación, co cal 16 pacientes deben usar baños colectivos.

Existe unha habitación para a contención mecánica, dotada con 3 camas separadas por cortinas, e poden coincidir nela en estado de contención homes e mulleres. 

Non se coñece protocolo específico sobre a indicación, uso, responsabilidade e garantía do procedemento de contención.

Non existen sistemas organizativos que posibiliten e potencien a participación colectiva de todo o equipo asistencial na elaboración e desenvolvemento dos plans individuais de avaliación, tratamento e seguimento do paciente.

Está infradotada de profesionais se se toman como referencia os documentos de planificación en saúde mental da propia Consellería de Sanidade, e se se pretende que o obxectivo sexa terapéutico e non só o control e a redución sintomática do paciente.

Un só psiquiatra, xunto cun MIR, debe cubrir a garda dos hospitais do Complexo xunto coa da UHP. A UHP tería que dotarse de 1 psiquiatra e 2 psicólogos clínicos, carece de celadores (nos plans sinálanse 6 como os indicados para esa Unidade) e tamén serían necesarios 11 profesionais máis de enfermería.

A selección de facultativos de psiquiatría para a cobertura de prazas temporais ten importantes déficits de transparencia. A tan necesaria confianza da cidadanía na garantía de que a Administración da un trato igualitario a tódalas persoas nos procesos de acceso ó emprego público é posta a proba polo o feito de que dúas fillas do propio Xefe de Servizo chegaran a ser contratadas para ocupar praza de psiquiatras nese mesmo Servizo.

O cadro que debuxan as deficiencias sinaladas pode que sexa só o marco do tráxico suceso que chamou a atención sobre esa Unidade. Pero, aínda que así fora, son patentes as discriminacións que sofren os pacientes psiquiátricos ingresados nesa UHP cando se os compara con pacientes afectados por outras enfermidades (a carencia de baño nas habitacións é un exemplo evidente). 

É espeluznante a existencia dunha habitación colectiva para a contención mecánica e, ademais, para ambos sexos simultaneamente. É deducible o empobrecemento da calidade asistencial cando no funcionamento da Unidade non participan e se coordinan os profesionais, e cando unha parte destes (os facultativos psiquiatras) non dispoñen de sistemas que garanticen que o seu acceso ó emprego público é só por razón de mérito (sistemas que os protexerían de discriminacións ilexítimas e liberaríaos de potenciais débedas e servidumes persoais).

Dánase nesta situación o dereito das persoas alí ingresadas a un tratamento en condicións de igualdade cos demais usuarios do SERGAS, e o de acceso das mesmas á prestación de asistencia sanitaria á sua saúde mental, adecuada ós coñecementos e medios terapéuticos actuais (farmacolóxicos, físicos, psicolóxicos, sociais e de coidados), proporcionada en espazos que protexan a súa intimidade e dignidade, e máis aínda cando poideran atoparse en grave condición de vulnerabilidade por ver limitada a súa capacidade de decisión autónoma.

Urxe a corrección destas deficiencias, por dereito dos pacientes e usuarios dese servizo, por respeto á dignidade das persoas e pola consideración debida dos xestores á cualificación dos profesionais e ó seu dereito a exercer a súa profesión en condicións que posibiliten a máxima utilidade sanitaria do seu saber.

Fuente: 28th Febreiro 2017 www.movementogalegosaudemental.gal